ACTUALIDADE

BO VERÁN A TODOS.

lunes, 28 de diciembre de 2009

E chegou o festival.

O venres día 18 de decembro tivemos o festival de nadal ondo fixemos un pouquiño de todo: dende mimo ata unha actuación instrumental pasando por unha obra de teatro e varias cancións en inglés e galego. A verdade é que todo saiu moi ben e pasámolo xenial. Como fin de festa tomamos unha boa merenda e por sorpresa apareceu papá Noel cunha chea de agasallos que foi repartindo a tódolos rapaces, rapazas, mestras e mestres.

Bo ano para todos e a pasar unhas boas festas.


sábado, 26 de diciembre de 2009

Unha visita inesperada

Logo de facer o tiramisú para os nosos pais e nais, o cole recibiu unha visita inesperada, era o paxe real que viña recoller as cartas para os reis magos.
Asi que, axeitámonos ben eedispuxemonos a recibilo como se merece prestándolle a maior atención posible... e esto foi o que aconteceu.



Facendo tiramisú

Un día alguén comentou: Os pais e nais sempre andan a traer cousiñas ben ricas para as celebracións como a de nadal, o do samaín... pero non é tan habitual que sexan eles e elas quen reciban as cousiñas elaboradas polos seus fillos e fillas. Este foi a orixe de facer esta receita de tarta de tiramisú entre todo o alumnado do cole, e este foi o resultado.

Queridos pais e nais, desexamos que vos guste.



Preparamos o nadal.

Ao longo de varias semanas, todos os alumnos/as estiveron traballando duramente para poñer o cole o mais axeitado posible (dentro das escasas posibilidades de tempo das que se dispoñen habitualmente). Así, fixeron un mural típico dunha paisaxe de inverno, construíron unha árbore de nadal onde cada bola é a foto de cada un dos alumnos/as, elaboraron postais de nadal... e outras actividades como as que agora se mostran de forma resumida.



Celebramos o magosto

Castañada e boa compaña, non fai falla mais.

E chegou o Samaín.

Pois si, chegou o Samaín. Os alumnos e alumnas do cole celebraron o Samaín dunha forma moi particular xa que comezaron o día facendo truck or treath para logo facer unha gran gymkana por todo o cole onde tiveron que ir superando distintas probas para lograr os elementos da pócima que desfacía o feitizo desa noite. Logo do desfile tomamos a merenda e pouco despois marchamos a facre uns xogos na clase de inglés, cos cales rematamos a xornada. Foi divertido e sobre todo un Samaín diferente.

Grazas a eses pais e nais que trouxeron esa merenda tan rica xa que esta festa non tería o mesmo final.

Imos ao teatro.

O luns día 23 de novembro fixemos unha saída ao Centro cultural Caixanova de Vigo. Vimos a obra titulada HISTORIAS DE UN ÁRBOL MILENARIO. Imos aprender sobre a importancia do bosque, os animais, a terra...

É unha proposta escénica divertida que emprega: música, cancións, luz, monicreques e sombras chinesas. Os nenos/as aprenden a necesidade de respectar o que nos rodea e de facer caso da voz da experiencia.

Pasarémolo moi ben!

Xa podedes ver as fotos na GALERÍA da páxina web do colexio.

http://centros.edu.xunta.es/ceipdesanvicente/galeria



Había unha vez un barquiño...

Pois si, chegou o día da primeira saída, e nesta casión imos ir nun barco chamado Hidria II que é bastante antigo e utilizábae para proporcionar auga a todos aqueles barcos que non podían atracar en porto por falta de calado e tiñan que agardar fondeados dentro a ria.

Para saber mais do barco, podedes entrar neste enlace de Faro de Vigo:

http://farodevigo.es/deportes/2009/10/17/hidria-ii-regresa-origen/378075.html



martes, 22 de diciembre de 2009

Estreamos blog!!!

Estamos de noraboa, xa temos un blog.

martes, 3 de noviembre de 2009

PALABRAS NO AR

Ollade que visita interesante tivemos. Contáronnos contos, vimos libros, escoitamos música, repetimos, participamos, rimos. Gustounos moito.