ACTUALIDADE

BO VERÁN A TODOS.

miércoles, 23 de junio de 2010

festival de fin de curso

O alumnado do cole celebrou por todo o alto o fin de curso, e para iso realizaron as seguintes actuacións:

Back to the URSS (2º e 3º ciclo)


Las diez galinas (1º ciclo e infantil)


Actuacións en inglés (1º 2º e 3º ciclo)


inglés 1º ciclo


o golfiño Gaspar (1º ciclo e infantil)


As covas do rei centolo (2º e 3º ciclo)


High school musical en Trasmañó (1º 2º e 3º ciclo)

lunes, 21 de junio de 2010

fin de curso no Grove.

Pois si, chegou o fin de curso e fumos celebralo a O Grove onde fixemos unha morea de actividades e xogos tanto no monte coma na praia. Pasámolo xenial e as imaxes falan por si soas. Felicidades a todo o alumnado xa que o seu comportamento foi en todo momento exemplar e admirable.

sábado, 29 de mayo de 2010

Visitamos un taller de artesanía

O pasado venres visitamos o taller artesán dun pai dun dos nosos alumnos. A verdade é que foi toda unha experiencia o feito de manipular o barro. Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben. MOITAS GRACIAS IÑAKI! Para mais información:
http://tellerialorenzo.es/blog/

Néboa vai de paseo

Durante estes últimos días, aproveitamos o bo tempo para dar un paseo coa nosa mascota Néboa polo patio. Foi moi divertido e toda unha experiencia.

martes, 18 de mayo de 2010

DESPEDIMOS A BRUNA

Ese venres tamén foi algo triste: Era o último día de Bruna connosco entón preparámoslle unha festa de despedida. Imos a botala moito de menos. Isto foi o que fixemos:



MOITA SORTE BRUNA!

MARATÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 14 de maio foi un día moi esperado. Íamos a participar na maratón cos coles de Chapela pero chovía e case se suspende. Qué tristes nos puxemos! Mais ao final soou o teléfono e dixéronos que podíamos baixar. QUE BEN! Mirade que caras.

martes, 11 de mayo de 2010

MY BODY

Again in our English class. Watch these little learners: De novo na noso clase de inglés. Ollade estes cativos:

sábado, 1 de mayo de 2010

Celebramos o día da nai

Ó longo destas últimas semanas, o alumnado do cole realizou un longo traballo de campo que rematou cun agasallo para o día da nai. A continuación, podedes ver o proceso de elaboración.

lunes, 26 de abril de 2010

Unha homenaxe o libro

Ó longo desta semana, con motivo da celebración do día do libro, fixéronse unha serie de actividades relacionadas con este, dende a creación dun libro ata a interpretación de varios contos polo alumnado de 2º e 3º ciclo. Podedes ver os videos a continuación.

Celebramos o día da árbore

miércoles, 21 de abril de 2010

LA ARAÑA ACO Y SUS HIJOS

Estamos preparándonos para ao día do libro, e, entre outras cousas a clase de 1º Ciclo e E. Infantil escribimos o noso propio conto, feito coas nosas ideas e os nosos debuxos. A nós gústanos moito. Aquí volo presentamos:

A MAP

Here are the older students asking questions about places in a town. Aquí están os alumnos maiores facendo preguntas de lugares nunha vila.

jueves, 15 de abril de 2010

MY FAMILY

This is one of the songs in our English class with the younger students.
Esta é unha das cancións da nosa clase de inglés cos alumnos mais pequenos.

martes, 23 de marzo de 2010

Celebramos o día do pai

Ao longo destes últimos días estivemos traballando no centro o día do pai e este foi o resultado: un cadro de cada un de nos mesmos. Que mellor agasallo?

lunes, 22 de marzo de 2010

COÑECEMOS OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTA.

O pasado venres día 12 fumos ver un concerto ao teatro Caixanova sobre as diferentes familias de instrumentos que conforman unha orquesta. A verdade é que o concerto resultou moi interesante e incluso puidemos ver algún que outro instrumentista de incógnito.


viernes, 5 de marzo de 2010

A VISITA A NATURNOVA

"QUE DÍA ESTUPENDO" - dixo un neno. E así foi. Vimos temas do Universo, os planetas, a Terra e os seus elementos, o efecto do home na Terra, Galicia dende o ceo, e unha viaxe en submarino. E aquí están algunhas imaxes do día de hoxe:

viernes, 12 de febrero de 2010

O DÍA DO ENTROIDO

Por fin chegou o Entroido ao colexio e aquí podedes ver as fotos. Que guapos todos!

miércoles, 3 de febrero de 2010

PREPARANDO O ENTROIDO

Xa queda pouco!!!! Imos a prepararnos para celebrar o ENTROIDO e xa estamos traballando. Mirade os primeiros pasos e adiviñade que estamos a facer ...

A NOSA MASCOTA

E aquí se atopa NÉBOA, a mascota do noso colexio. Gústanos xogar con ela e darlle de comer. Que bonita é! Mirade estas fotos

CELEBRAMOS A PAZ... A MEDIAS!!!

O pasado venres celebramos o día da paz nun acto conxunto de todo o cole onde os alumnos e alumnas quixeron expresar a súa particular forma de ver a paz, dende colorear debuxos de frases célebres, recitar un poema, decorar o cole con frases e palabras importantes... O certo é que non foi un día tan pacífico como nos gustaría pero esperemos mellorar para o ano que ven.

e tamén recitaron un poema, que estilo teñen!!!